Este próximo domingo arranca o Arousa Norte-Revolutrion Trail Series 2018

 

BARBANZA>  A primeira das probas será o Trail de San Alberte en Ribeira.

 

Este próximo domingo coa disputa do Trail de San Alberte en Ribeira arrancará unha nova edición do Arousa –Revolution Trail Series. A cita organizada asociación Arousa Natureza e Ocio en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte segue este ano un esquema ó do ano pasado, con catro circuítos trail, un por cada concello da comarca, e unha última proba a xeito de desafío. A día de hoxe o número de inscritos está próximo ós cen participantes.

A próxima cita terá lugar en San Isidro na Pobra, o día 18 de febreiro. Seguiralle Bealo en Boiro, o 11 de marzo e pechará o campionato a proba de Rianxo no Castro Barbudo, o 8 de abril. Aínda así o circuíto Arousa Norte non rematará aí. Faltará o último desafio, o Ultratrail do Barbanza, que chega xa a súa sexta edición, con tres distancia, cada unha máis dura: 20, 35 e 60 quilómetros. A data para esta proba final está fixada o 29 de abril.

As inscricións para a primeira das probas, así como para todo o circuito, aínda está aberta, podéndose realizar ata o xoves 25. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.trailseries.run.