Boiro Novo anima a reclamar contra o imposto de rodaxe nos vehículos clásicos

    BOIRO> A partir de xaneiro os vehículos de máis de 25 anos estarán obrigados a pagar o coñecido como imposto de circulación no concello de Boiro, esa é a intención do goberno local. Unha medida que foi aprobada no pleno de setembro, e que desde Boiro novo consideran que é unicamente recadatoria, inxusta e abusiva. 

       

    Os vehículos clásicos, con máis de 25 anos, do concello de Boiro, ó igual que no resto da comarca do Barbanza, estaban desde hai sete anos exentos de pagar o IVTM, coñecido popularmente, como o o imposto de rodaxe. Agora o goberno local pretende que estes coches volvan pagar este imposto, tal e como se aprobou no pleno do pasado mes de setembro. A medida entraría en vigor en xaneiro, e nestes momentos atópase en fase de exposición pública. Por iso desde Boiro Novo animan á veciñanza a presentar as súas reclamacións particulares, para conseguir frear esta medida que consideran abusiva e recadatoria. Desde a marea boirense consideran que o argumento co consistorio, de que a medida responde a criterios medio ambientais, non é coherente. A eliminación da bonificación existente ata o de agora  para estes vehículos clásicos, aínda pode botarse abaixo, como se fixo noutros concellos, como o de Vigo, debido ás reclamacións veciñais. Por iso desde Boiro Novo axudarán a quen o desexa na presentación destas alegacións. En Boiro Novo calculan que esta modificación tributaria afecta a uns 500 vehículos no concello. O prazo para presentar as alegacións a esta medida remata o próximo 17 de novembro. www.boironovo.org / 615 425 675