Sanxenxo convertese nunha aula improvisada da Escola de Turismo de A Coruña

    SANXENXO> Qué mellor destino que Sanxenxo, para impartir unha clase sobre de Turismo. Uns 30 alumnos matriculados na materia de Turismo no Litoral, da Escola de Turismo da Universidade de A Coruña, trasladáronse este venres a súa aula a Sala Nauta, para coñecer de primeira man o principal  destino vacacional do litoral da comunidade.  

     

    Este venres a Sala Nauta de Sanxenxo converteuse nun aula improvisada onde uns 30 alumnos da Escola de Turismo da Universidade da Coruña, recibiron unha charla centrada no turismo de litoral, e na que ademais coñeceron un pouco máis si cabe os recursos e atractivos da principal vila vacacional do litoral galego; Sanxenxo. 

    Os estudantes estiveron acompañados por un dos seus docentes, e contaron con información de primeira man sobre a realidade deste concello de O Salnés, que destaca a nivel estatal polo seu elevado número de visitantes, na temporada estival cando a poboación aumenta de maneira considerable ata convertela na terceira cidade galega. 

    Unha xornada de traballo que durou en torno as 10 horas na que persoal do concello, e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, comentaron a situación dos diferentes sectores presentes na vila e o seu papel na consolidación da Marca Sanxenxo. Os alumnos do Obradoiro de Hostalería de O Salnés elaborar´´an un menú especial para esta ocasión, co que pretenden demostrar aos visitantes de A Coruña o destacado papel da gastronomía na promoción de o destino. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/turisticos_destino_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/turisticos_destino_sanxenxo.mp4{/flowplayer}