RIBADUMIA> Os veciños de Sisán en Ribadumia xa poden transitar de forma segura pola EP – 9059 grazas a instalacións das novas cunetas. O proxecto da deputación de Pontevedra permitiu actuar sobre 435 metros dunha marxe e 175 da outra. As obras incluíron tamén a colocación dun colector de augas pluviais.
Así estaban as beiras da EP – 9059 no seu paso por Sisán en Ribadumia hai 5 meses, e así están agora. Os veciños xa poden transitar con total seguridade pola estrada grazas á instalación das novas cunetas tendidas. O proxecto executado pola Deputación de Pontevedra tivo un custo de 90 mil euros.
A obra era unha vella demanda dos veciños de Sisán. Dende o concello mostraron a súa satisfacción por poder atender as peticións dos veciños e por poder contar cunha senda que une Cambados e Ribadumia.
O proxecto tamén incluíu a instalación dun colector de augas pluviais.
As obras afectaron a 435 metros dunha marxe da estrada e a 175 da outra. As cunetas teñen un ancho mínimo de un metro e cunha pendente escasa facilitando o tránsito dos peóns. Ademais, a canalización de pluviais permitirá ao concello evitar os custos de mantemento que tiña na zona.