Vilagarcía súmase aos actos polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

    VILAGARCÍA> Este venres a edil de Igualdade de Vilagarcía presentou o programa de actividades para o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha campaña que continúa unha iniciativa que se está a levar a cabo noutras cidades galegas, e tamén españolas: “o vístete de negro contra os malos tratos.”

     

    En Vilagarcía hai unhas 37 mulleres que na actualidade solicitaron unha orde de afastamento das súas parellas. Unha lamentable situación, da que non serán as únicas vítimas, xa que esas mulleres son só as que denunciaron, e outras tantas que non dan o paso. Por iso quixeron ilustrar o cartel deste día, cun simbólico 37 amarelo enriba de un fondo negro. 

    O Día Internacional Contra a Violencia de Xénero traerá a vila unha serie de iniciativas como “vístete de negro”, un chamamento para que toda cidadanía se comprometa coas mulleres que padecen esta lacra, e a que se sumaran comercios e hostalería local. 

    Ademais ese mesmo día haberá as 17:30 da tarde unha mesa de experiencias asociativas de mulleres de Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal no que participarán varias representantes de asociacións e agrupacións.

    O a lectura do manifesto terá lugar as 12:00 da mañá do 25 de novembro na Praza de Ravella. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/vilagarcia_violencia_machista_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/vilagarcia_violencia_machista.mp4{/flowplayer}