Patrimonio, arte e cultura da provincia daranse cita esta fin de semana no Culturgal

Pontevedra>  Todo listo para comezar a novena edición do Culturgal este venres 2 de decembro. Dende a Deputación tamén estarán moi presentes nesta iniciativa. Esta mañá o deputado da área de Cultura anunciou de qué maneira os concellos estará visibles neste encontro, onde ademais de moita cultura, tamén poderemos coñecer o patrimonio dos concellos da provincia, as regueifas da zona e a arte contemporánea cunha exposición vencellada coa natureza. 

 

35 concellos da provincia de Pontevedra estará presentes nesta novena edición do Culturgal. Unha cita coa cultural que comezará este venres 2 de decembro. 

Unha cita onde dende a Deputación tamén se centrarán en potenciar o patrimonio da nosa provincia.  Durante a fin de semana se levarán a cabo 15 micropresetacións de cinco minutos nas que se darán a coñecer algunhas das propostas que se ofertan na provincial pontevedresa. 

Paula Cabaleiro e Antón Sobral son os comisarios da parte máis artística, da exposición Pegadas que se presentará no Culturgal pero que se manterá aberta ata o 8 de xaneiro. O fío condutor desta mostra é a unión entre a a arte e a natureza coa utilización de elementos orgánicos. 

Xa o saben dende este venres 2 de decemebro e ata o domingo día 4 terán a oportunidade de desfrutar desta novena edición do Culturgal no Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/culturgal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/culturgal.mp4{/flowplayer}