“Moitos e mal feitos” así califican os pontevedreses os lombos da cidade

Pontevedra> Moitos e mal feitos, así están os lombos de Pontevedra segundo os seus cidadáns. Os pontevedreses consideran que son excesivos o número de redutores de velocidade que hai na cidade. E ademais non entenden como a nova normativa pode esixir que sexan máis agresivos cando os actuais xa acabaron co sistema de amortiguación de moitos vehículos. 

 

A cidadanía de Pontevedra teno claro, a capital de provincia conta con demasiados lombos, moitos deles innecesarios. 

Ademais de ser demasiados moitos destes redutores de velocidade son segundo os cidadáns excesivamente agresivos. 

E unha vez que lle dixemos que segundo o estudo que onte deu a coñecer Luis Bará dos 350 lombos da cidade 265 deberían ser modificados segundo os parámetros do Ministerio de Fomento por suaves…a cidadanía quedaba abraiada. 

Moitos e mal feitos esa é a conclusión e o sentir que ten a cidadanía en Pontevedra sobre os redutores de velocidade cos que conta a cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/enquisas_lombos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/enquisas_lombos.mp4{/flowplayer}