PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra pecha o tráfico na Avenida Raíña Vitoria co obxectivo de favorecer a entrada e a saída dos estudantes do IES Sánchez Cantón.
O peche desta Avenida será efectivo a partir do xoves. Así o anunciou hoxe o goberno municipal. O Concello de Pontevedra comezou hoxe a instalación destes morróns entre Pastor Díaz e Palamios, así como tamén na entrada ao estacionamento de Montero Ríos. O obxectivo desta medida é facilitar a entrada e saída dos alumnos deste centro. Ademais, con esta decisión, os estudantes contarán tamén con maior espazo durante os recreos.
A pesar de que esta decisión foi tomada para facilitar o cumprimento dos protocolos Covid, moitos pontevedreses cren que é un paso máis cara á peonalización definitiva desta Avenida. De ser así, os grandes prexudicados serían, sen dúbida, os repartidores.
Polo de agora, o Concello de Pontevedra asegura que esta decisión tomouse con “carácter permanente e indefinido”. Ademais, o goberno local non descarta estender esta medida a outros colexios da cidade.