Pontón recolle as achegas do BNG de Cambados

    CAMBADOS> A voceira nacional do BNG visitou esta mañá o concello de Cambados. Ana Pontón escoitou de primeira man as necesidades e achegas do grupo nacionalista cambadés, que forma parte do goberno local. A formación aproveitou para trasladarlle varias necesidades da localidade, que Pontón comprometeuse a levar ao Parlamento.

     

    O BNG cambadés trasladou esta mañá as súas necesidades á súa voceira nacional. Ana Pontón escoitou a situación da formación na vila, na que forma parte do goberno local.

    Segundo Pontón, abrir os concellos aos veciños, protexer o medio ambiente e, no caso concreto de Cambados, defender a recuperación da ría de Arousa, e a recuperación cultural, son os tres piares da política nacionalista. 

    Estes piares tamén figuran na política que o BNG desenvolve a nivel local. Hoxe, aproveitando a visita da súa voceira nacional, Víctor Caamaño lle trasladou as problemáticas e necesidades coas que se están a atopar.

    Pontón tamén anunciou que nos vindeiros días levarán ata o Parlamento Autonómico diversas iniciativas vencelladas con actuacións no concello de Cambados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/visita_ponton_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/visita_ponton_cambados.mp4{/flowplayer}