Castro Ratón di que deixou Cultura con 200.000 euros de presuposto

    CASTRORATONCULTURA copia.jpg VILAGARCÍA> O edil do BNG engade que a factura que se debe á compañía Espello Cóncavo tíñaa que ter pagado o actual goberno local.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_BNG_CULTURA071111.flv{/flowplayer}

    O edil do BNG Xosé Castro Ratón cualifica como ‘estratexia indecente’ o discurso do goberno local de Vilagarcía, consistente, segundo o nacionalista, en alarmar sobre a situación económica do concello para ir adaptando á opinión pública á suba de impostos e recortes que planea. No que atinxe a Cultura, carteira que ocupou na pasada lexislatura, Ratón recoñece que cando deixou o cargo parte dos 1,2 millóns que dispoñía de presuposto xa estaban inmobilizados, pero quedaba unha partida de 200.000 euros dispoñible.

    O goberno local informou de que actualmente o concello conta cunha débeda de seis millóns de euros en facturas e pagos pendentes, dos que medio millón afectarían a cultura.

    En canto á denuncia que facía a semana pasada a edil popular Ángeles Rodríguez de que a compañía Espello Cóncavo quedara sen cobrar un espectáculo de setembro do ano pasado, Ratón sentencia que, segundo o sistema de pago acordado co Agadic, a factura debería abonarse antes de rematar o seguinte semestre á actuación. É dicir, o 30 de xuño de xuño deste ano, polo que conclúe: ‘foi o actual goberno o que non pagou’.

    Redacción Salnés