As Rías Baixas ocupan un lugar destacado na promoción galega en Fitur

MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.