A consellería do Mar e a UDC elaborarán un Plan para preservar a cultura marítima de Galicia

OUTES> O documento recollerá as liñas estratéxicas e as medidas a adoptar para os próximos anos coa finalidade de preservar a nosa riqueza marítima.

No porto do Freixo, abordo do balandro Joaquín Vieta, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinnaba esta mañá co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do padroado da Fundación desta mesma universidade, José María Barja, o convenio de colaboración que permitirá aelaboración do Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2031.

Este acordo, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 2 de xuño, permitirá deseñar un plan de accións para protexer o patrimonio e a cultura marítima de Galicia e blindar o seu futuro.

A elaboración do documento correrá a cargo do profesor e arquitecto, Óscar Fuertes. El e o seu equipo serán os encargados de definir as liñas estratéxicas e accións para os vindeiros anos.

O Plan de Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2031 conta cun orzamento de preto de 200 mil euros. Desenvolverase en seis fases, atendendo á defensa dos valores culturais e marítimos, reforzando a súa protección e deixando un importante legado para as xeracións vindeiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí