43 quilómetros de costa galega repártense máis dun cento de bandeiras azuis

GALICIA> Sanxenxo, Vilagarcía, A Illa e Poio xa teñen no seu poder as bandeiras azuis dos seus areais. Este mediodía celebrouse o acto de entrega destes distintivos, co concello de Sanxenxo como rei absoluto: ata 17 destas bandeiras garantirán a calidade doutras tantas praias do municipio. En toda Galicia, son 112 praias as que conseguiron este distintivo para esta campaña, unha de cada cinco das concedidas en todo o Estado.

112 bandeiras azuis repartiranse ao longo de 43 quilómetros da costa galega. Esta mañá celebrouse o acto de entrega destes distintivos.

O líder absoluto é o concello de Sanxenxo. O municipio recibiu 17 bandeiras azuis para as súas praias, ás que hai que sumar tres para o seus portos deportivos e as concedidas aos seus sendeiros e centros ambientais. En Vilagarcía, o distintivo repite nos areais de Copmostela e Campanario, mentres que na Illa de Arousa estarán en Area da Secada e O Bao. En Poio, pola súa banda, a bandeira azul volverá acreditar a calidade da Praia de Cabeceira.

Con estes distintivos, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor vén un ano máis a recoñecer o traballo dos municipios pola sostibilidade, a calidade dos servizos e a seguridade. Tamén se entregan a portos deportivos, sendeiros e centros ambientais, sumando un total de 167 bandeiras azuis en toda Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí