Galicia despídese de Fitur 2017 co presidente da Xunta

GALICIA> Esta mañá o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo visitou a Feira internacional de Turismo en Madrid, nun acto que pecha tres días de encontros e presentacións para os profesionais do sector. Durante o seu discurso no pavillón de Galicia destacou a calidade da oferta turística da comunidade e felicitou ós profesionais do sector por conseguir un ano máis bater o récord de visitantes durante o pasado 2016.