O mexillón galego comeza os trámites para facerse cun selo que recoñeza a súa sostibilidade

VILAGARCÍA> O mexillón de Galicia pelexa dende hoxe por facerse cun distintivo que recoñeza a súa sostibilidade a nivel internacional. O Consello Regulador deste produto vaise someter á avaliación dun organismo independente co obxectivo de ser dintinguido co seu “selo azul”, un recoñecemento que pon en valor a pesca sostible.

O mexillón galego comeza os trámites para facerse co selo MSC, un distintivo internacional que recoñece a sostibilidade do produto a nivel internacional. Para obtelo, unha certificadora independente encargarase de avaliar o sistema de produción da Denominacion de Orixe. Se superan o exame, o produto pasarána formar parte dese club de produtos mariños que poden presumir de contribuír a un mellor futuro para os nosos océanos.

Hoxe, en Vilagarcía, deron conta dos detalles que se someterán a exame para facerse con este distintivo. Vaise analiza-lo estado do stock, os impactos ambientais e o xeito de cultivo dos bivalvos. Tamén se van avalia-las bateas de tódalas rías galegas e a colocación da semente nas zonas de cría.

Facerse con este selo pode traducirse para o sector nun aumento da competitividade.

Máis de 40.000 produtos mariños comercializados en 108 países levan o selo MSC. Se todo vai ben, en breve o mexillón galego pasará a formar parte desta lista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí