Os xubilados volven saír á rúa en Vilagarcía reclamando pensións dignas

VILAGARCÍA> Ducias de xubilados volveron saír á rúa esta mañá en Vilagarcía en defensa das súas pensións.  Advirten que van continuar coas mobilizacións ata que as súas demandas sexan escoitadas.

Os xubilados volveron saír á rúa esta mañá en Vilagarcía en defensa do sistema de pensións. A céntrica praza de Ravella acolleu a concentración. Os pensionistas consideran insuficiente as subas das pagas anunciadas polo Goberno Central. Moitos recoñecen que non lles cadran as contas para chegar a fin de mes e consideran insultante que as súas pensións suban, nalgúns casos un par de euros.

Moitos dos concentrados esta mañá en Vilagarcía recoñecían sentirse decepcionados coas políticas sociais do executivo de Rajoy e do Partido Popular.

Ó remate da concentración deuse lectura a un manifesto no que se puxo de manifesto a efectividade das mobilizacións. Explican que as súas protestas obrigaron ó gobernó a rompe-lo tope do 0,25, conseguindo que case 3 millóns de pensións suban un 3%. Indican que gañaron unha batalla, pero que aínda queda moito polo que loitar.