Cáritas activa o protocolo contra as baixas temperaturas

    VILAGARCIA> O frío chegou para quedarse, os caldos e sopas, a calefacción, as mantas e a roupa de abrigo, son os protagonistas nestes días, nas casas dos arousáns. Por iso dende Cáritas Interparroquial de Arousa iniciaron protocolo de frío, co que poder axudar aos máis desfavorecidos nestes fríos días de xaneiro. 

     

    Caldos, sopas, cremas de verduras, todo está disposto na cociña de Cáritas Interparroquial de Arousa, para atender aos comensais que este luns se achegaran ata o comedor social. Alí Marisa xa están man a obra para contribuír a que estes días sexan un pouco menos fríos. 

    Todo esforzo é pouco para sacar a diante a tremenda labor, que dende Cáritas Interparroquial de Arousa realizan día tras día, para intentar axudar aos que máis o necesitan. Neste días tan fríos ademais baixouse do roupeiro ao comedor de Cáritas roupa e mantas. 

    Outro servizo que ofrecen dende Cáritas é o lavadoiro de roupa. Onde as persoas poden deixar a súa roupa a lavar, secar e pasar o ferro antes de ser devolta ao seu dono. 

    Sen dúbida unha inmensa labor a que fan dende esta ONG católica para axudar aos que máis o necesitan. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/protocolo_frio_caritas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/protocolo_frio_caritas.mp4{/flowplayer}