O Eixo Atlántico lanza unha guía cos atractivos turísiticos da eurorrexión

GALICIA> A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou na presentaciónda guía turística do Eixo Atlántico ‘Dous países, un destino’, que desenvolve a entidade en colaboración con Turismo de Galicia. A nova guía contén información sobre a riqueza etnográfica, patrimonial, cultural e paisaxística das 34 cidades que integran a entidade transfronteiriza, que entende o turismo como unha destacada área para a promoción do desenvolvemento dos territorios. Ademais de información relativa ó camiño de Santiago, a publicación recolle tamén contidos sobre o turismo de lecer e aventura, a compoñente patrimonial e etnográfica, oenoturismo, oturismo de praia e náutica e o turismo termal de todas as localidades que compoñen o Eixo Atlántico. A guía forma parte da estratexia de divulgación e promoción da eurorrexión e distribuirase de balde nos principais puntos de promoción turística desta área. Tamén se atopa dispoñible en formato dixital na web do Eixo Atlántico en tres linguas: portugués, español e inglés.