Desestiman as alegacións presentadas aos orzamentos do concello

Pontevedra> As tres alegacións presentadas á aprobación inicial dos orzamentos en Pontevedra  foron desestimadas así que este venres, o pleno aprobará estas contas de xeito definitivo. Así o informou esta mañá o voceiro do Goberno quen anunciou que a presentada polo PP non tiña validez xa que os grupos políticos non están lexitimados a presentar alegacións. 

 

A xunta de Goberno Local prorrogou esta mañá o contrato coa asociación os palleiros para o mantemento da cancela municipal por un importe de máis de 27 mil euros e por un periodo dun ano. Unha Xunta de Goberno na que tamén se deu conta sa situación do río Lérez que está cunha altura de 2,55 e cun caudal de 6,25 metro cúbico por segundo. As medidas especiais habería que adoptalas ao chegar aos 1.20, para iso queda moito tendo en conta que dan choivas para esta semana, pese a isto, dende o concello recomendan o uso razonable de auga. 

Fora da orde do día o voceiro do Goberno Local tamén informou que o secretario do concello ven de desestimar ou inadmitir as tres alegacións presentadas á aprobación inicial do orzamento en Pontevedra. Á do PP porque os grupos políticos non están lexitimados a presentar alegacións. 

En relación as outras dúas alegacións a da asociación animalista Libera e outra de Comisións Obreiras tamén foron desestimadas ao non cumprir ningún dos motivos que segundo a lei deben establecerse para aprobar as alegacións que son non cumprir coa tramitacións, non haber crédito e non contar cos impresos suficientes. Con todo, este venres 27 de xaneiro se aprobarán os orzamentos deste 2017 no pleno do concello de xeito definitivo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/xgl_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/xgl_ponte.mp4{/flowplayer}