O concello levará ante os tribunais a AAI da Xunta a ELNOSA

Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra. O Concello de Pontevedra non conta con comunicación oficial da resolución da Xunta pero os seus servizos xurídicos estudan como enfrontar unha decisión anunciada antes de finalizar antes de finalizar a tramitación do expediente. O concello recorrerá esta autorización ambiental integrada que lle concedeu a ELNOSA a Xunta de Galicia, unha decisión que o BNG considera única e exclusivamente política. O concello quere informarse ben de como será todo este proceso, como van a circular os camións de cloro pola área urbana de Pontevedra, xa que Elnosa, propón producir hipoclorito mentres no desmantela a actual planta e constrúe unha nova con tecnoloxía de membrana na actual ubicación. Os servizos xurídicos do Concello xa están a traballar na mellor fórmula para enfrontar a renovación da Autorización Ambiental Integrada, Carme da Silva deixou claro que o concello utilizará todos os instrumentos que estean na súa man para que ELNOSA non continúe coa súa actividade na ría de Pontevedra.