Os alcalde do PP da provincia piden diálogo á Presidenta da Deputación

Pontevedra> 30 alcalde do Partido Popular da provincia de Pontevedra estiveron hoxe no salón de plenos da Deputación co fin de reivindicar unha reunión coa presidenta do Pazo Provincial. Estes alcaldes amosaron o seu malestar ante a actitude que Carmela Silva están tendo con eles e tamén dixeron que non entenden o reparto económico que se está levando a cabo dende a Deputación dende a era do bipartito.  

 

Despois de pedir en numerosas ocasións unha reunión coa Presidenta da Deputación e non obter nunca resposta esta mañá os 30 alcaldes de concellos da provincial de Pontevedra do Partido Popular presentáronse no Pazo Provincial para demandar diálogo. 

Estes alcaldes non están conformes coa actitude que dende o Goberno da Deputación se están tendo con eles, e sobre todo, coa maneira de financiar estes concellos do Partido Popular. 

Unha mañá onde quixeron lembrar que Carmela Silva falou sempre de abrir as portas da deputación e o que fixo dende a súa chegada, din, foi pechadas a cal e canto. Para amosar este feito xusto hoxe no momento destas declaracións no salón de plenos os alcaldes tiveron que identificarse un por un. 

Ante este feito o deputado socialista Carlos Font acusou á oposición do PP de estar centrada en organizar verbenas porque lles gusta moito o chotis. Font dixo que detrás do que denominou invasión está Alfonso Rueda, do que dixo que se trataba do verdadeiro ideólogo do que calificou dun escrache en toda regra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/pp_depu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/pp_depu.mp4{/flowplayer}