PONTEVEDRA> Desaloxan dúas prazas en Pontevedra por aglomeración de xente. A primeira actuación produciuse o día 5 de xaneiro nas prazas de Méndez Núñez e da Verdura. Catro días máis tarde, a Policía Local tivo que volver a intervir nesta última praza. En total, entre as dúas xornadas rexistráronse 12 denuncias.
O pasado 5 de xaneiro, a Policía Local de Pontevedra tivo que desaloxar as prazas de Méndez Núñez e da Verdura por aglomeracións de xente. Nesta última praza, a situación repetiuse catro días máis tarde. Segundo os axentes, en ambas xornadas as actuacións producíronse polas numerosas reunións de xente moza.
Entre os desaloxos da praza da Verdura e o de Méndez Núñez, a Policía Local tramitou un total de 11 denuncias. 9 delas por non levar a máscara e 2 por beber en vía pública. A estas sancións hai que sumar outras 49 que se produciron ao longo da semana pasada. A máis rechamante, a dun mozo de Madrid que se achegou a Pontevedra para, presuntamente, renovar o carné de conducir.
Entre as 60 denuncias que se tramitaron a semana pasada destacan tamén 18 por incumprir o toque de queda, 5 por saltarse o perímetro, outras 5 por desobediencia e 6 por reunión de non conviventes. Ademais, a Policía Local sancionou tamén a dous locais de lecer que estaban abertos fora do horario permitido.