PONTEVEDRA> Hoxe conmemórase o Día para a Erradicación da Pobreza e a asociación Boa Vida saíu á rúa en Pontevedra para poñer o foco sobre os malos tratos sociais e institucionais que padecen as persoas en risco de exclusión. Cunha mesa informativa na Praza da Peregrina, interpelaron á veciñanza para recoller as súas opinións e reflexións. Dende o advirten de que a pobreza non é só a escaseza de recursos, tamén non poder acceder a eles. E sinalan a dificultade de acceso á vivenda como un dos principais problemas en Pontevedra.
A asociación Boa Vida propúxose que o Día para a Erradicación da Pobreza non pasara desapercibido en Pontevedra. Hoxe saíu á rúa cunha mesa informativa para poñer o foco nesta realidade.
Nesta xornada fixeron fincapé na pobreza que chega dende as institucións.
Pero tamén noutros aspectos que poden levar ás persoas á exclusión social, máis aló da falta de cartos.
Con catorce anos de traballo na cidade de Pontevedra ás súas costas, Boa Vida ten claro cal é o tipo de pobreza máis grave e máis violenta que están a sufrir moitos cidadáns: a dificultade de acceso á vivenda.
Para dar visibilidade a toda esta situación, dende a súa mesa informativa da Praza da Peregrina decidiron interpelar tamén á cidadanía. Fixérono plantexando tres preguntas: Como te sentes cando axudas? Que é o maltrato institucional? e Que che gustaría que se fixese para loitar contra a pobreza?
Boa Vida agradeceu a todos os que participaron entregándolles un libro e un fular das dúas tendas solidarias que teñen en Pontevedra. Establecementos que funcionan a través da súa empresa de inserción laboral e que apostan pola economía circular.











