A Deputación comeza a aprobar as subvencións do Plan Concellos 2017

Pontevedra> A xunta de Goberno da Deputación ven de adxudicar as primeiras subvencións do Plan Concellos 2017. Este investimento foi a parar a Cuntis, Arbo e As Neves por un importe de máis de 314 mil euros. Unhas axudas que dende esta institución xa teñen abertas para que sexan solicitadas polos municipios que o desexen da provincia. 

 

41.2 millóns de euros esa é a cifra que teñen destinada dende os orzamentos da Deputación para o Plan concellos, un plan que hoxe se inaugurou coa subvención de máis de 314 mil euros para os concello de Arbo, Cuntis e As Neves. Un plan que permitiu crear 1160 postos de traballo na provincia no 2016 e que neste ano agardan repetir as cifras. 

A xunta de Goberno da Deputación tamén ven de aprobar unha liña de axudas en servizo sociais de 2,2 millóns de euros para os concellos de menos de 20 mil habitantes, 52 da provincia de Pontevedra. 

En relación ao servizo telefónico de teleasistencia Carmela Silva informou que tamén se pon a disposición dos concellos. No 2016 46 concellos se beneficiaron deste servizo de axuda aos maiores sendo Sanxenxo e Porriño os municipios que máis altas tiveron ao longo do pasado ano. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/xgl_depu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/xgl_depu.mp4{/flowplayer}