RIANXO> concello e Fundación Castelao celebraron esta pasada fin de semana diversos actos de homenaxe a un dos seus fillos ilustres, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Un bo número de persoas, entre as que se atopaban membros da corporación municipal e representantes da Fundación Castelao, así como numerosos intelectuais e galeguistas, asistiron este pasado sábado en Rianxo á homenaxe que se lle tributou a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao coincidindo co 131 aniversario do seu nacemento Como é tradición, no Paseo da Ribeira, xunto ó busto do intelectual galeguista, tivo lugar a ofrenda floral a cargo do alcalde, Adolfo Muíños, e o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, coa interpretación ó fondo da marcha do Antigo Reino de Galicia. A do concello rianxeiro e a Fundación Castelao non foi a única homenaxe que recibiu o autor do ‘Sempre en Galiza’. Tamén o Partido Galeguista celebrou diversos actos reunindo na vila a representantes de diversas entidades sociais e culturais e de distintas formacións políticas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









