Concello e Deputación lanzan unha guía para coñecer a historia de Castelao con Pontevedra

Pontevedra> A casa da Luz foi o lugar escollido para presentar a guía resumo do roteiro de Castelao que se fai pola cidade de Pontevedra. Concello e Deputación apoiaron esta iniciativa. Unha publicación escrita por Roberto Rivas que potencia a nosa lingua, o patrimonio e a historia da cidade do Lérez. 

 

Esta mañá concello e Deputación presentaron a publicación sobre o roteiro de Castelao en Pontevedra. Un traballo escrito polo guía Roberto Rivas e que conta coas ilustracións de Ana Seoane. Trátase dunha ferramenta que ten como fin seguir afondando na figura de Castelao. 

Unha publicación que sae a luz grazas ao concello de Pontevedra e Deputación. 

Unha publicación que defende a nosa lingua, e a historia e o patrimonio que posúe Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/roteiro_castelao_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/roteiro_castelao.mp4{/flowplayer}