Detidos dous mozos de Boiro pola práctica de carreiras ilegais

    carreirasilegais_100_40907.jpgBOIRO > A Garda Civil detivo esta pasada fin de semana a dous mozos acusados de realizar carreiras ilegais de coches a gran velocidade.

    As investigacións dos axentes da Garda Civil de Boiro nas últimas semanas deron coma resultado a detención de dous mozos, dos que tan só trascendeu que son veciños de Cabo de Cruz.

    Ó parecer e segundo informaron fontes policiais os detidos, que conducían un Toyota Celica e un Honda Accord, foron sorprendidos polos axentes a gran velocidade por un tramo de vía urbana limitado a 30 quilómetros por hora. Os dous imputaránselle sendos delictos contra a seguridade do tráfico.

    Despois da súa identificación e posterior detención, os dous mozos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira. Unha vez abertas as dilixencias haberá que agardar á pena imposta, que ademais dunha forte sanción económica, podería conlevar tamén o seu ingreso en prisión.

    Redacción Barbanza