RIBEIRA> O auditorio de Ribeira acolle ata o 9 de outubro a residencia artística de Píscore Teatro. Os actores ultimarán estes días a posta en escena da súa última montaxe ‘Comed(IA)’ que se estreará o venres no marco da Mostra de Teatro Municipal.
Dende hoxe e ata o venres, o auditorio municipal de Ribeira convértese en residencia artística de Píscore, a compañía teatral de Culturactiva. Nestes días ultimarán a posta en escena da súa última montaxe ‘Comed(IA)’ que analiza os retos da intelixencia artificial a través dunha trama ambientada no espazo na que non faltarán o humor e música en directo, como sinais de identidade de Píscore.
Xunto cos ensaios, Píscore ofrecerá mañá unha pre-estrea dirixida a escolares do municipio. A residencia culminará coa estrea prevista para o venres ás nove e cuarto da noite coa estrea no marcos da Mostra de Teatro de Ribeira na que a compañía xa ten participado ata en catro ocasións.
Dende o concello animan á veciñanza a achegarse ata o auditorio para gozar do talento desta compañía que leva xa unha década de traxectoria con gran presenza a nivel nacional e mesmo internacional.
Contan ademais con numerosos galardóns como o premio do público do Festaclown de Vilagarcía. A mostra de Teatro de Cariño ou o Festival de Teatro Clásico de Almagro.











