Detidos tres veciños de Boiro por cultivo de marihuana

    BOIRO> A actuación levada a cabo pola Garda Civil realizouse nunha vivenda deshabitada situada no lugar de Sandrenzo, na parroquia de Cespón. A Garda Civil de Boiro procedeu á detención de dous veciños da localidade de 37 e 22 anos respectivamente, por un presunto delito de cultivo e elaboración de drogas. Os axentes fixéronse ademais cunhas 312 plantas de marihuana e 1.300 quilos de cogollos secos listos xa para a súa distribución. Nas investigacións iniciadas hai varias semanas, puido constatarse coma os prendidos procedían ó cultivo de cannabis no interior dunha vivenda deshabitada situada en Sandrenzo. empregando ademais fluído eléctrico obtido de xeito ilegal tal e como puido comprobar tamén posteriormente a empresa distribuidora. Ós dous detidos impútaselles a comisión dun delito contra a saúde pública por cultivo e elaboración de drogas, ademais dun delito de defraudación de fluído eléctrico. Estaba previsto que esta mesma mañá pasaran a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrucción nº 1 de Ribeira, que é quen instrúe o caso. Ó longo desta mañá procedíase tamén á detención dunha terceira persoa relacionada con este operativo. Trátase doutro veciño da localidade de 28 anos. Con esta detención a Garda CIvil dá por pechada esta operación.