Sálvora convértese na primeira paisaxe natural en ser declarada Ben de Interese Cultural

    RIBEIRA> Os conselleiros de Medio Ambiente e Cultura, Beatriz Mato e Román Rodríguez, respectivamente, explicaron as razóns desta nova categoría na lei de Patrimonio Cultural. Vai alá máis dunha ano dende que a Xunta de Galicia iniciara o expediente para a declaración da illa de Sálvora coma Ben de Interese Cultural, na categoría de Paisaxe Cultural. O primeiro que ostentará este distintivo. Segundo os conselleiros de Medio Ambiente e Cultura, Beatriz Mato e Román Rodríguez, respectivamente, de cuxos departamentos partiu a solicitude, son moitas as razóns para considerar a este arquipélago, un dos que integran o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con esta categoría, pensada para distinguir aqueles lugares identificables por un conxunto de calidades culturais, materiais e inmateriais singulares. O alcalde de Ribeira Manuel Ruíz, mostrou tamén a súa satisfacción por este anuncio, que agarda poida levarse a bo termo. Durante os últimos anos a Xunta realizou diversos investimentos na Illa destinados á rehabilitación das vivendas alí existentes, a renovación dos paneis interpretativos e á mellora de camiños, entre outros, incluídos no Plan Director da Paisaxe Cultural da Illa de Sálvora. Un documento para protexela e poñela en valor.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí