A escaseza de bivalvo lastra a campaña dos mariscadores a flote

    POBRA> Balance dispar da campaña marisqueira na confraría da Pobra. Mentres os profesionais a pé están satisfeitos coas capturas, os de a flote tiveron que reducir notablemente os topes con respecto ó pasado ano. Igual ou mesmo que mellor que o ano pasado. De momento este é o balance da campaña de marisqueo a pé na Pobra grazas á aparición do pequenas cantidades de berberecho durante os primeiros meses. Non poden decir o mesmo no sector a flote. A escaseza de ameixa obrigou a diminiur os topes ata tres ou catro quilos dependendo das praias. Os prezos, pola contra, son bastante bos como adoita acontecer nos meses de xullo e agosto cando aumenta a demanda de marisco. Para paliar a merma de produtividade, a confraría ten previsto acometer unha actuación de rexeneración con fondos propios que se virá a sumar ó proxecto solicitado á Consellería do Mar para a recuperación de terreo produtivo. Así as cousas agardan tamén que a Xunta desenvolva dunha vez por todas un estudo para a xeración de berberecho resistente á marteilia para poder recuperar un dos recursos principais da ría que leva anos desaparecido.