O conservatorio de Noia abre este venres o ciclo de concertos de alumnos

NOIA> O conservatorio de Noia abrirá mañá o ciclo de concertos que se desenvolverán ó longo de todo o curso. O centro, que conta este ano con preto de 140 alumnos, inicia unha nova etapa baixo a dirección de Serafín Marcos.

Os ex-alumnos Nacho Carnota, Anlerto Romero e Andrés Vázquez serán os encargados de abrir a programación do conservatorio de Noia que ofrecerá concertos mensuais durante todo o cursos ata o peche no xuño musical.

O obxectivo desta iniciativa é preparar ós alumnos dende ben novos para tocar fronte ó público adquirindo os recursos de interpretación necesarios ó tempo que amosan o seu bo facer ante a veciñanza

Dende o concello quixeron agradecer á nova dirección do conservatorio o seu esforzo por dar continuidade a este tipo de ciclos, iniciado xa hai décadas Tódalas actuacións desenvolveranse no Coliseo Noela ás oito e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí