Mar presenta un informe para incrementar as cotas da flota galega

    GALICIA> A Consellería do Mar traballa para conseguir un incremento das cotas pesqueiras outorgadas a España pola Unión Europea. A responsable do departamento, Rosa Quintana, participou no Consello Consultivo de Política Pesqueira ó que trasladou un informe cos argumentos técnicos e socioeconómicos que xustificarían un incremento das posibilidades de pesca de certas especies cunha importancia transcendental para a flota galega. É o caso do lirio, para o que a Comisión Europea propón unha baixada do corenta por cento. No encontro sectorial acordáronse tamén as contías e distribución das axudas europeas por paradas temporais que serán xestionadas polo Ministerio para lograr un trato igualitario entre tódalas flotas. No caso de ser necesaria unha parada temporal para a sardiña, a Galicia corresponderíanlle novecentos trinta e cinco mil euros.