MUROS> A voceira socialista foi unha das convidadas do programa ‘Pleno Aberto’ desta semana, emitido por esta casa. Dende hai tempo polas rúas de Muros escóitase un ruxe-ruxe dunha posible moción de censura que apartaría da alcaldía ó goberno en minoría de Compromiso por Galicia, formado por tres edís. Para darse esta circunstancia debería darse un entendemento entre os dous grupos que lideran a oposición neste concello, Partido Popular e Partido Socialista, ambos con catro concelleiros. Preguntada por este asunto a voceira socialista e exalcaldesa, Caridad González, sinala que os contactos entre as dúas formacións non se deu, aínda que segundo ela, razóns existen, criticando duramente a xestión realizada polo actual equipo de goberno no que vai de lexislatura. Caridad González arremeteu tamén contra os responsables do partido a nivel provincial que en algún medio de comunicación xa descartaron que se dera esta posibilidade. Segundo ela en Muros non se recibiu ningunha desautorización para abortar este posible acordo, e se a houbera tampouco significaría nada, xa que o seu deber a nivel local é atender ás solicitudes da militancia e mirar polos intereses dos veciños.
Inicio Barbanza - Muros - Noia