Google e a Escola de Canteiros entran por primeira vez en EDUGAL

Pontevedra> Google e a Escola de Canteiros son soamente dúas da novidades formativas que chegan nesta sexta edición do EDUGAL. Un espazo onde os ciclos formativos e Universidades teñen a oportunidade de destacar o seu potencial e tamén de informar das saídas profesionais que cada carreira ou ciclo teñen na actualidade. 

 

Ciclos formativos, ofertas universitarias e moitas novas son as que poden obter os alumnos, familiares e tamén docentes nesta sexta edición de Edugal. Un espazo que visitan por primeira vez tanto a empresa Google como a escola de canteiros. 

E un espazo no que repiten experiencia a Universidade de Vigo ou a Asociación XOAN XXIII. 

Os estudantes que puidemos entrevistar esta mañá amosábanse encantados coa oferta educativa que lanzan dende este EDUGAL  e con toda a información que che ofertan dende os diferentes puntos xa sexa para un ciclo formativo ou para a universidade. 

Ata este venres 17 de febreiro o Recinto Feiral de Pontevedra acolle a sexta edición de Edugal. Así que se aínda non tes moi claro o teu futuro laboral ou precisas información de varias carreiras ou ciclos ésta é a túa oportunidade, neste Salón Educativo de Galicia.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/salon_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/salon.mp4{/flowplayer}