21 días e 3,5 millóns e medio de litros de auga despois, Pontevedra dá por extinguido o lume na Pontesa

PONTEVEDRA> Pontevedra dá por extinguido o lume na antiga fábrica da Pontesa, en Ponte Sampaio. Tras 21 días de traballo continuo, os bombeiros pontevedreses deron por concluido o dispositivo de emerxencias o pasado sábado. Agora os ollos están postos sobre a nave de La Cross, onde a mesma empresa acumula 92 mil toneladas de gran, o dobre do que había na Pontesa. O concello decretou a paralización da actividade, despois de que os técnicos alertaran da falta de medidas de seguridade.

Tras 21 días de traballo ininterrompido o sábado deuse por extinguido o lume na antiga fábrica da Pontesa.

Durante o dispositivo movéronse unhas 10 mil toneladas de gran afectado polo lume para o que foron precisos un milleiro de camións. Tamén se empregaron tres millóns e medio de litros de agua para a extinción.

Agora o concello de Pontevedra centra a súa intención na nave de La Cross, na parroquia de Alba. Aseguran dende o goberno local que a seguridade das persoas é a súa prioridade.

O concello decretou a paralización da actividade. Non poderá acumularse máis gran, que xa acada as 96 mil toneladas. Si se permite que se realicen traballos de mantemento para garantir a seguridade.

Segundo Vilaverde, agora depende da APLU e da Consellería de Industria determinar as medidas a tomar para reponer a legalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí