Os traballadores de ENCE concéntranse ás portas da Deputación

PONTEVEDRA> O pleno provincial desta mañá tivo que celebrarse a porta pechada. Así o decidiu a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, tras as protestas manifestadas polos traballadores de ENCE na sala de plenos e ás portas da institución.

Así comezaba o pleno provincial de esta mañá. Os traballadores de ENCE acudiron á Deputación de Pontevedra para reclamar á presidenta, a quenda da palabra que lles foi denegada por solicitala fóra de prazo. Tras a presión dos operarios e, tras varios avisos por parte de Carmela Silva para que se mantivese a orden, a presidenta decidiu suspender o pleno ordinario e retomalo máis tarde na sala de xuntas a porta pechada. Unha decisión que non foi ben acollida, nin polos traballadores da fábrica, nin polo Partido Popular.

Tras a suspensión do pleno, os traballadores de ENCE seguiron reclamando ás portas da Deputación o que consideran que é xusto: que lles deixen seguir traballando na factoría de Lourizán.