O BNG sonense defende a pbxectividade do Plan Único da Deputación da Coruña

    PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son recibirá do Plan Único da Deputación preto de 866.000 euros. O BNG da localidade pediu hoxe que estes cartos se destinen a manter o mobiliario municipal que se atopa nun estado de precariedade. Ademáis, os nacionalistas criticaron o reparto inxusto que se facía das aportacións cando o Partido Popular estaba na Deputación. O BNG de Porto do Son quixo defenderse esta mañá das críticas do Partido Popular ó Plan Ünico da Deputación provincial. Afirman que a repartición actual é moito máis obxectiva e xusta que a que realizaba o PP cando gobernaba a entidade provincial. A voceira do BNG e deputada provincial, Ánxela Franco, destacou tamén centrándose no concello de Porto do Son, que este municipio recibia da Deputación da Coruña cando a dirixía o PP 620.000 euros, e agora, vai recibir co Plan Único actual case 866.000 euros. Uns cartos que desde o BNG local piden ó concello que destinen ó mobiliario existente que o precise. Desde o BNG sonense aproveitaron tamén para pedir explicacións ó Partido Popular de por qué no pleno extraordinario deste xoves non se contempla unha moción presentada polos nacionalistas este venres. Nesta comparecencia o Bloque do Son solicitou tamén ó concello a necesidade de manter os niveis de limpeza do alcantarillado, para evitar así que se produzan inundacións como as que se viviron durante os últimos temporais.