Minuto de silencio contra a violencia machista

MINUTO SILENCIO DIPU> Concello e Deputación mantiveron esta mañá un minuto de silencio ás portas do Pazo Provincial con motivo do novo caso de violencia de xénero que tivo lugar na pasada noite en Redondela. Carmela Silva e Miguel Anxo Fernández Lores insistiron na necesidade de crear un pacto de estado co fin de loitar xuntos contra esta lacra. Ademais cren que dende a Educación se debe traballar máis na materia da igualdade para evitar estes lamentables sucesos. Unha vítima máis de violencia de xénero na pasada noite en Redondela e xa van dúas no que vai de ano na nosa comunidade. Esta mañá Deputación e concello de Pontevedra mantiveron un minuto de silencio en repulsa ante este feito. A presidenta dixo que no que vai de ano xa van 13 mulleres asasinadas, un dato escalofriante e ao que hai que poñer freo a través dun gran pacto de estado. Dende o concello, o seu alcalde, insistíu en que se debe traballar moito a favor da igualdade para acabar con esta lacra. Ambas institución afirmaron que dende as administracións hai que destinar máis esforzos económicos, lexislativos e sociais para acabar con esta lacra, para acabar contra a violencia de xénero. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/violencia_xenero_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/violencia_xenero.mp4{/flowplayer}