O centro social do Camiño Ancho terá que agardar

POBRA> O pleno da Pobra aprobou a modificación dos proxectos enmarcados no Plan de Obras e Servizos da Deputación. Finalmente, o executivo decidiu retirar a proposta para o centro social do Camiño Ancho e destinará os fondos do plan adicional a gasto corrente.

A reforma do Camiño Real, a mellora da accesibilidade na rúa fernández Varela e na Praza Manuel Escurís e a ampliación da rede de saneamento no Freixo son as principais actuacións que se incluén no Plan de Obras e Servizos da Deputación neste exercicio. Finalmente non se acometerá o centro social do Camiño Ancho, con cargo ó POS adicional, dado que a contía da subvención é insuficiente para executar o proxecto que ascende a trescentos vinte mil euros. 

Precisamente, eses gastos relacionados coa crise do COVID 19 ascenderán a máis de trinta mil euros que se destinarán a adquisición de equipos de protección para traballadores ou atención a familias vulnerables.

No eido de cultura realizaranse melloras na biblioteca municipal mentres que en materia deportiva acometeranse pequenos arranxos en varias infraestruturas como a reforma de vestiarios no estadio da Alta, o arranxo do peche do campo de Cadreche ou a intervención na cuberta do polideportivo da Tomada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí