RIANXO> A confraría de Rianxo traballa na rexeneración de varias zonas improdutivas. Xa durante o verán realizaron tarefas de arado e sementeira e agora, tralo Nadal, procedeuse á recuperación de varios bancos con aporte de grava.
A rexeneración dos terreos improdutivos é unha prioridade para a confraría de Rianxo. Xa durante o verán investiu preto de dez mil euros no arado e acondicionamento de varias zonas comprendidas na súa autorización. Agora, vén de darlle continuidade a este proxecto cunha achega subvencionada de máis de corenta mil euros.
O obxectivo destes traballos é que os bancos dispoñan de marisco de talla comercial de cara ó próximo ano