A Pobra continúa á cabeza da descarga de túnidos en toda Europa

    descargatunidos100.jpgPOBRA> O movemento que rexistra o peirao comercial da Pobra dá idea da súa importancia situándoo como primeiro porto europeo en descarga de túnidos.

    {flowplayer}barbanza/descargatunidos.flv{/flowplayer}

    Unha media de tres mercantes operan a diario no porto pobrense con catrocentos traballadores dedicados ás tarefas de estiba. En función das condicións meteorolóxicas, o prazo medio de descarga dun mercante cunha carga de tres mil toneladas é de dúas semanas.

    Pola Pobra pasan ó longo de todo o ano ó redor de corenta embarcacións que descargan preto da metade do consumo nacional de túnidos.

    Unha vez descargado, parte do atún vai directamente ás fábricas e o resto ós frigoríficos posto que a maioría das factorías non poden asumir o volume diario de peixe descargado.

    Trátase principalmente de atún procedente do Atlántico posto que o incremento da piratería no Índico reduciu a presenza da flota. Aínda así mantense o nivel de capturas do que dan boa mostra as boas cifras do presente ano.

    O porto comercial da Pobra é unha das principais fontes de riqueza desta vila barbanzá xa que ademais da xeración de emprego situase como dinamizador da economía local e comarcal.

    Redacción Barbanza