Boa sintonía entre a Xunta e Deputación trala reunión en San Caetano

Pontevedra> A presidenta e o vicepresidente da Deputación saíron satisfeitos da reunión que onte mantiveron co Presidente e vicepresidente da Xunta en Santiago. Un encontro que durou preto de 2 horas e no que se falou moito das transferencias de centros e servizos entre o goberno provincial e o galego. Unhas transferencias que Carmela Silva agarda que sexan efectivas neste mandato. Satisfeita, así saiu a Presidenta da reunión que onte mantivo co presidente da Xunta de Galicia. Un encontro de máis de dúas horas, onde tamén estiveron presentes o vicepresidente da Xunta e da Deputación. Nesa reunión falouse moito das transferencias de centros e servizos entre o goberno provincial e o galego. Carmela Silva agarda que estas transferencias se leven a cabo neste mandato. Unha reunión onde dende a Deputación demandaron un sistema transparente de financiamento das comunidades autónomas co fin de que se definan con claridade o diñeiro que se inviste en cada concello. Outra das demandas é que se axilicen proxectos importantes para a provincia como pode ser a autovía a Vilagarcía. E xa por último a presidenta quixo salientar outra das peticións que consiste na rehabilitación dos centros escolares da provincia, moitos deles contan con instalacións e moi mal estado e onde entra incluso auga. A presidenta cree que isto non se pode permitir e solicita que esta medida se leve a cabo neste mandato. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/reunion_xunta_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/reunion_xunta.mp4{/flowplayer}