A apertura do Complexo Deportivo de Campolongo “é cuestión de días”

PONTEVEDRA> O Complexo Deportivo de Campolongo porase en marcha nos vindeiros días. O goberno municipal aínda non se atreve a confirmar unha data exacta pero, segundo informou esta mañá Tino Fernández, soamente quedan por resolver uns trámites administrativos. Mentres tanto, todos os socios que queiran coñecer as instalacións, poderán facelo a partires de mañá.

Así é o novo Complexo Deportivo de Campolongo. 800 metros cadrados de sala fitness, unha sala crossfit, unha ludoteca, cinco salas polivalentes, dúas piscinas ou unha zona de spa. Estes son algúns dos servizos que ofrecerá este centro. Unhas instalacións modernas, amplas e que nada teñen que ver coas antigas.

Vendo estas instalacións parece que está todo a punto para que o Centro Deportivo de Campolongo abra ao público. Sen embargo, ninguén se atreve a dar unha data definitiva.

O goberno municipal comprometérase a abrir este Complexo Deportivo o 1 de outubro, pero un problema de última hora co cabreado de media tensión retrasou a data prevista. Por iso, mentres non se solucionan os trámites administrativos, o directos deste centro anima a todos os socios a achegarse ata aquí e coñecer de primeira man as instalacións.

As altas cifras de matriculacións demostran a gran expectación que hai neste Complexo Deportivo. E malia que actualmente hai xa máis de 3.600 persoas inscritas, o director do centro asegura que estas instalacións poden acoller, incluso, a máis de 4.000 socios.