Pontevedra> Deputación de Pontevedra e Abanca asinaron esta maña un convenio de 50 millóns de euros. Mediante esta sinatura dende esta entidade bancaria axudarán a pequenas e medianas empresas, a emprendedores e a familias a sacar adiante os seus proxectos. O papel da Deputación é deseñar as reclamacións de crédito que hai a día de hoxe. Un ano máis Deputación de Pontevedra e Abanca veñen de asinar un convenio mediante o cal dende esta entidade bancaria poñen a disposición de pequenas e medianas empresas, emprendedores e familias 50 millóns de euros de crédito para axudalos a levar adiante os seus proxectos e iniciativas. Este ano como novidade neste plan Activados tamén se destina a rehabilitación das casas no rural co fin de tentar evitar os feísmos que hai en moitas destas zonas da nosa provincial. O papel da Deputación neste convenio é o de informar á Abanca de quenes son ou deberían ser o público ao que vai destinado este plan, e dicir, fan de interlocutores sociais, deseñan as reclamacións de crédito que hai a día de hoxe. Con este convenio dende Abanca poñen o crédito e a Deputación traballa no fin do mesmo. Dende o Goberno provincial incidirán en traballar arreo para informar aos concellos do rural deste Plan Activados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/convenio_abanca_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/28/convenio_abanca.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA