Cultura aposta por trasladar o Arquivo Histórico Municipal á antiga sede de Facenda

PONTEVEDRA> A antiga sede de Facenda en Pontevedra, na praza da Ferrería, podería ter pronto unha nova vida. O Ministerio de Cultura quere trasladar ata alí o Arquivo Histórico Provincial; unha opción que gusta ao concello pontevedrés, que leva tempo reclamando ao Estado que o edificio non caera no abandono.

Nova vida para o antigo edificio de Facenda en Pontevedra. O Ministerio de Cultura, actual titular do inmoble, pretende trasladar ata alí o Arquivo Histórico Provincial, que nestes momentos se atopa nun palacete no Paseo de Colón. Unha medida que se ve con bos ollos dende o concello.

Que o edificio, situado na praza da Ferrería, non caera no abandono era unha das prioridades do goberno local. Agora, o executivo tende a man ao Estado para conseguir que o proxecto sexa canto antes unha realidade. Incluso non descartan sumar a estes fondos o arquivo municipal.

A pesares da satisfacción do goberno local, o alcalde afeou ao executivo estatal  ter coñecido polos medios de comunicación os plans para este edificio emblemático pontevedrés.

Sobre todo, Fernández Lores fixo fincapé o importante investimento que isto suporá para a cidade de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí