O Trail de Bealo permitirá ós boirenses viaxar a través do deporte

    BOIRO> Os amantes do Trail teñen unha cita este domingo en Bealo, no concello boirense. O “Arousa Revolutrion Trail Series 2017”, que percorre paraxes sorprendentes do municipio, presentouse esta mañá no consistorio É un dos trail series que organiza Arousa Norte- O trail de Bealo non é só unha proba asumible para principiantes tanto en distancia coma en desnivel, senón que é un trail deseñado tamén para desfrutar do entorno. Durante a presentación congratuláronse da participación feminina este ano. No anterior trail quíxose impulsar a presencia de mulleres, e este ano aumentou de xeito importante. O alcaldel boirense animou á participación, non só para gozar da carreira senón para viaxar a través do deporte. O trail Bealo sairá este domingo 5 de marzo, ás once da mañás. Os gañadores de cada categoría levarán para a casa estes orixinais trofeos da artista ribeirense Eva Callón inspirados en distintos tesouros patrimoniais do concello boirense.