Sés inaugura este venres o ciclo Paisaxes Sonoras cun concerto en Taragoña

BARBANZA> Este venres arranca unha nova edición de Paisaxes Sonoras. A iniciativa da Mancomunidade Barbanza Arousa inclúe este ano os concertos de Sés, Leilía, Andrés Suárez e Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre en entornos tan singulares como o porto vello de Taragoña, o parque da Cachada de Boiro, o parque periurbano de San Roque e a praia dos Areos.

A primeira das propostas musicais do ciclo ‘Paisaxes Sonoras’ que proove a Mancomunidade Barbanza Arousa terá lugar este venres co conceeto de Sés no porto cvello de taragoña. A actuación, prevista para as oito da tarde, estará precedida por un roteiro guiado con saída ás cinco da tarde do Castelo da Lúa.

Aqueles que desexen participar nesta actividade, organizada polo concello de Rianxo, deberán inscribirse previamente no departamento de turismo. O sábado tocaralle a quenda a Leilía que inclúe Boiro na súa xira de despedida dos escenarios. cun concerto no parque da Cachada.

Tamén o sábado ás oito da tarde terá lugar o concerto de Andrés Suárez no parque periurbano de San Roque. Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre serán os encargados de pechar este ciclo sonoro cunha sesión vermú o domingo á unha na contorna da praia pobrense dos Areos.

O obxectivo deste programa compaxinar oferta lúdico-cultural e paisaxe para poñer en valor a comarca dando a coñecer o seu patrimonio e gastronomía. De feito, durante o festival poderán degustarse produtos locais así como os viños da Indicación xeográfica protexida Terras do Barnaza e Iria da man dos sumillers Pedro Sestayo e Juanjo Figueroa. Aínda quedan entradas dispoñibles para os concertos que se poden adquirir a través da plataforma ataquilla.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí