RIBEIRA> Preocupación en Ribeira ante o incremento dos actos vandálicos rexistrados no porto durante as últimas semanas. Dende a confraría demandan medidas de seguridade para evitar o acceso de persoas alleas ó recinto portuario. O que comezou semellando ser unha gamberrada vai cada vez a máis. Nos útlimos días son frecuentes os actos vandálicos no porto de Ribeira- Algunhas embarcacións apareceron sen salvavidas ou sen as tapas das baterías. A pasada semana catro foron desamarradas co risco de accidente que pode supoñer. Non é a primeira vez que dende a confraría demandan a Portos a adopción de medidas de seguridade. Consideran que as cámaras apenas teñen efecto disuasorio polo que reclaman a presenza de persoal de vixilancia durante a quenda de noite. O patrón maior considera que a situación pode empeorar de cara ó mes de agosto co inicio das festas de verán, época na que o porto está máis concorrido, polo que urxe a toma de medidas.
Inicio BARBANZA