Vilagarcía aproba os seus orzamentos co apoio do BNG e de Miguel Alves

    Vilagarcía aprobou este xoves os orzamentos municipais para 2017. Cumpríronse todos os pronósticos; o BNG e o concelleiro Miguel Alves, facilitaron a súa aprobación votando a favor do texto económico, que tantas polémicas estaba a levantar nas últimas semanas. Este xoves Vilagarcía aprobou as súas contas para este 2017. Un orzamento de arredor dos 27 millóns de euros, que supoñen un 2,62% máis que o ano anterior. Poucas ou ningunha sorpresa no pleno. Varela conseguía un 11 a 10 na votación. O BNG e o edil díscolo de Esquerda Unida, fixeron posible sacar adiante os presupostos, non sen polémica, para o resto de grupos, que acusan ao executivo de non sentarse a negociar. O voceiro do Partido Popular aproveitou a súa intervención para acusar aos socialistas de gobernar “como se o concello fose unha choqueirada”, e acusou a Miguel Alves de tránsfuga. Unhas acusación polo que o edil non escatimou en responder. Ademais Fole acusou ao actual executivo da vila de exercer o “oscurantismo”. Unha acusación que a portavoz do goberno, Tanía García, non dubidou en rebater. Un pleno cheo de acusacións, no que se distinguían dous bandos claramente diferenciados, e no que a pesar de todo se aprobou o texto máis importante de todo o ano para a vila. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/pleno_vilagarcia_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/pleno_vilagarcia_orzamentos.mp4{/flowplayer}